jueves, 17 de diciembre de 2015

HOXE BEETHOVEN CUMPRIRÍA 245 ANOS!

O "doodle" de hoxe está adicado a un dos compositores máis importantes da historia: LUDWIG VAN BEETHOVEN!!!
De seguro soaranvos algunhas das composicións que Google seleccionou para celebrar o 245º aniversario do seu nacemento. Animádevos a ordear os compases destas melodías que tarareastes máis dunha vez!!! A "Quinta Sinfonía", "Para Elisa", o "Himno da alegría"...

viernes, 12 de junio de 2015

miércoles, 20 de mayo de 2015

Charles Chaplin e THE KID

O próximo venres iremos á Picota para asistir a un espectáculo moi atractivo: o visionado da película The Kid con interpretación da súa banda sonora en directo!!! Disto último encargaranse o Cuarteto Ancestral, creado no ano 2007. Na actuación do venres estarán tres dos músicos que o compoñen: Iago Mouriño (piano), Alfonso Franco (violín) e Felipe Agell (cello).

Nas aulas podemos ir traballando un pouco esta actividade cinematográfica e musical antes da data sinalada (premede sobre a seguinte palabra): ACTIVIDADES

jueves, 14 de mayo de 2015

UNHA LENDA DO BLUES: B. B. KING

B. B. KING é considerado un dos artistas máis importantes de todos os tempos,
e coñecido mundialmente como unha das lendas do blues.

Aínda que comezou a tocar cando era un neno, a súa carreira iniciouse en Memphis, cidade norteamericana que reunía todos os estilos da música afroamericana.

"Cando canto, estou tocando na miña cabeza; en canto deixo de cantar oralmente, en realidade sígoo facendo a través de Lucille".

Lucille era o nome que puxo a todas as súas guitarras, despois dunha anécdota que que lle ocorreu nun local no que actuaba: dous espectadores comezaron a pelexar e acabaron prendendo lume ao locar. B. B. King saíu da sala pero, ao decatarse de que deixara dentro a súa guitarra "Gibson" volveu para recuperala. Despois soubo que os homes discutían por unha muller chamada Lucille, e decidiu poñer ese nome a todas as guitarras que o acompañaron durante o resto da súa carreira.

Queredes escoitalo?

martes, 12 de mayo de 2015

O ABECEDARIO EN GALEGO!

Magín Blanco compuxo a seguinte canción para aprender o abecedario en galego cantando e bailando. Seguro que así non se nos olvida que as letras en galego son masculinas e dicimos mellor o nome dalgunhas delas. E aprenderedes a facer unha boa sopa de letras!!!

 

lunes, 4 de mayo de 2015

O INVENTOR DO PIANO

BARTOLOMEO CRISTOFORI foi un músico italiano que naceu hai 360 anos. O mundo da música débelle moito a este personaxe, inventor do piano. O italiano bautizouno como "arpicembalo" (que significa "arpa-clavicordio"), pero o mundo convertiuno en piano, referíndose así á característica máis destacada do instrumento: o de producir á vez sons suaves (piano) e fortes, dependendo da presión que se exercera sobre as teclas.

O "doodle" de hoxe está adicado a este personaxe que cambiou a historia da música.

domingo, 3 de mayo de 2015

UNHA BAILARINA LEXENDARIA

Poucos días despois da celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril), hoxe faleceu unha das bailarinas máis recoñecidas no mundo enteiro: MAYA PLISETSKAYA. Nacida en Moscú no ano 1925, a súa nai era actriz e o seu pai inxeneiro. Aos 9 anos entrou na escola de danza de Moscú, e no ano 1941 incorporouse ao Teatro Bolshói, onde pronto se convertiría nunha estrela. 
A lexendaria bailarina, que recibiu o premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 2005, foi mundialmente famosa pola súa interpretación de "O lago dos cisnes", aínda que a primeira imaxe que o seu nome evoca é a da súa figura interpretando "O cisne" de CAMILE SAINT-SAËNS:

martes, 21 de abril de 2015

ROMEO E XULIETA

O próximo venres, os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º imos de concerto s Santiago de Compostela. No Auditorio de Galicia terá lugar un concerto didáctico con títeres, no que a partir da música de Romeo e Xulieta de Sergei PROKOFIEV e o texto de William SHAKESPEARE, a Filharmonía de Galicia, xunto co grupo de títeres "Per Poc", representarán unha das historias máis coñecidas no noso continente. Unha historia que aínda segue inspirando a moitas persoas adicadas á literatura, ao cómic ou ao cine, entre outras. E pensamos que pode ser esta unha boa maneira de pechar unha semana adicada con agarimo especial aos libros.
Compañía "Per Poc"


martes, 14 de abril de 2015

WHEN A MAN LOVES A WOMAN

Seguro que moitos e moitas de vós coñecedes esta canción que leva por título "When a man loves a woman" ("Cando un home ama a unha muller"). É un tema composto por Calvin Lewis y Andrew Wright, e gravado por PERCY SLEDGE no ano 1966. Este cantante estadounidense, que faleceu o 14 de abril aos 73 anos, foi unha das grandes figuras do soul a finais dos anos sesenta, e esta foi a súa canción máis coñecida, que formou parte da banda sonora de moitas películas e foi versionada por outros músicos en varias ocasións. 


viernes, 6 de marzo de 2015

MOON RIVER

Rapaciños e rapaciñas de 6º, aquí vos vai o enlace para escoitar un dos temas máis coñecidos de HENRY MANCINI, o compositor da música da Pantera Rosa. "Moon River" foi composta expresamente para a actriz AUDREY HEPBURN para o seu papel na película "Desayuno con diamantes", e gañou o Óscar á mellor canción orixinal no ano 1961.
Escoitade o acompañamento e a frauta:

Aquí escoitaredes soamente o acompañamento:
 

Practicade, que vos vai saír de marabilla!!! Para un Óscar coma o de Hollywood:


miércoles, 18 de febrero de 2015

MÚSICA E CINE

Non é nada fácil facer unha selección das mellores ou máis representativas películas da historia. Son tantas...! Pero no seguinte vídeo un grupo de profesionais elixiron algunhas delas, e xunto coas imaxes, soa a música máis coñecida da súa banda sonora. Trátase só do comezo, pero son facilmente identificables e seguro que moitos e moitas de vós podedes xogar a recoñecelas sen necesidade de visualizar as imaxes.