miércoles, 20 de mayo de 2015

Charles Chaplin e THE KID

O próximo venres iremos á Picota para asistir a un espectáculo moi atractivo: o visionado da película The Kid con interpretación da súa banda sonora en directo!!! Disto último encargaranse o Cuarteto Ancestral, creado no ano 2007. Na actuación do venres estarán tres dos músicos que o compoñen: Iago Mouriño (piano), Alfonso Franco (violín) e Felipe Agell (cello).

Nas aulas podemos ir traballando un pouco esta actividade cinematográfica e musical antes da data sinalada (premede sobre a seguinte palabra): ACTIVIDADES

jueves, 14 de mayo de 2015

UNHA LENDA DO BLUES: B. B. KING

B. B. KING é considerado un dos artistas máis importantes de todos os tempos,
e coñecido mundialmente como unha das lendas do blues.

Aínda que comezou a tocar cando era un neno, a súa carreira iniciouse en Memphis, cidade norteamericana que reunía todos os estilos da música afroamericana.

"Cando canto, estou tocando na miña cabeza; en canto deixo de cantar oralmente, en realidade sígoo facendo a través de Lucille".

Lucille era o nome que puxo a todas as súas guitarras, despois dunha anécdota que que lle ocorreu nun local no que actuaba: dous espectadores comezaron a pelexar e acabaron prendendo lume ao locar. B. B. King saíu da sala pero, ao decatarse de que deixara dentro a súa guitarra "Gibson" volveu para recuperala. Despois soubo que os homes discutían por unha muller chamada Lucille, e decidiu poñer ese nome a todas as guitarras que o acompañaron durante o resto da súa carreira.

Queredes escoitalo?

martes, 12 de mayo de 2015

O ABECEDARIO EN GALEGO!

Magín Blanco compuxo a seguinte canción para aprender o abecedario en galego cantando e bailando. Seguro que así non se nos olvida que as letras en galego son masculinas e dicimos mellor o nome dalgunhas delas. E aprenderedes a facer unha boa sopa de letras!!!

 

lunes, 4 de mayo de 2015

O INVENTOR DO PIANO

BARTOLOMEO CRISTOFORI foi un músico italiano que naceu hai 360 anos. O mundo da música débelle moito a este personaxe, inventor do piano. O italiano bautizouno como "arpicembalo" (que significa "arpa-clavicordio"), pero o mundo convertiuno en piano, referíndose así á característica máis destacada do instrumento: o de producir á vez sons suaves (piano) e fortes, dependendo da presión que se exercera sobre as teclas.

O "doodle" de hoxe está adicado a este personaxe que cambiou a historia da música.

domingo, 3 de mayo de 2015

UNHA BAILARINA LEXENDARIA

Poucos días despois da celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril), hoxe faleceu unha das bailarinas máis recoñecidas no mundo enteiro: MAYA PLISETSKAYA. Nacida en Moscú no ano 1925, a súa nai era actriz e o seu pai inxeneiro. Aos 9 anos entrou na escola de danza de Moscú, e no ano 1941 incorporouse ao Teatro Bolshói, onde pronto se convertiría nunha estrela. 
A lexendaria bailarina, que recibiu o premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 2005, foi mundialmente famosa pola súa interpretación de "O lago dos cisnes", aínda que a primeira imaxe que o seu nome evoca é a da súa figura interpretando "O cisne" de CAMILE SAINT-SAËNS: