Aquí está o resultado da quinta proposta de “Música
confinada”, para o cal eliximos un coñecido tema de Wolfgang Amadeus MOZART que
acompañastes con percusión corporal, con instrumentos que tiñades nas vosas
casas e tamén dirixindo batutas improvisadas ou movementos corporais. Fixéstelo
todas de marabilla e estabades concentradísimas na vosa tarefa… Ademais, é
tamén unha mostra de que a situación vai cambiando, xa que comezades a
xuntarvos para facer cousiñas en grupo. Que ganas temos de vernos, eh?
Aquí vai o vídeo. Desfrutádeo moito, artistas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario