O próximo luns, 14 de febreiro, visita o noso cole Paco Nogueiras, e premendo aquí podedes ver un dos vídeos que gravou para o seu disco "Radio Bule Bule".
"O ruído é unha música que non puido ir á escola". (Miguel Mihura)
O próximo luns, 14 de febreiro, visita o noso cole Paco Nogueiras, e premendo aquí podedes ver un dos vídeos que gravou para o seu disco "Radio Bule Bule".
Xa estamos en xuño, e aínda que quedan dúas semanas de curso, a de hoxe será a última proposta nesta sección especial de "Música Confinada". Nesta ocasión pensei que podía ser interesante reflexionar sobre un tema do que se falou moito durante estes meses de confinamento: o descenso de contaminación acústica. A contaminación acústica é o ruído excesivo e molesto que provocan diferentes actividades humanas (tráfico, industrias, determinados locais, etc.) Sei que no noso entorno é un problema ocasional, pero nas cidades, pobos e vilas grandes pode chegar a ser tan habitual e continuo que os expertos nestes temas asóciano a serios problemas de saúde...