Aquí vos deixo un vídeo moi fermoso no que a cantante galega Uxía, con Tanxugueiras e Faia, cantan o poema de Manuel María "A fala". Nel, ademais, colaboraron moitas persoas relacionadas coa cultura galega, algunhas das cales tal vez recoñezas: Xurxo Souto, Leandro Lamas...
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
domingo, 17 de mayo de 2020
sábado, 17 de mayo de 2014
Os Maios
"A festa dos Maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur, aínda que tamén se celebra nalgunhas poboacións do norte.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio, aínda que pode prolongarse ata o mes de xuño.
Hai dous tipos de maios:
-os humanos, cando unha nena ou un neno se disfraza de maio, cubrindo as súas roupas con follas, pólas e flores;
-os figurativos, cando o maio é unha figura con forma cónica ou piramidal feita con paus que se recobre de xestas, hedras, fientos, musgo, fiúncho..., e adórnase con flores, laranxas e mesmo cascas de ovo.
Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...
Aínda que na nosa zona non é habitual celebralo, este curso animámonos a elaborar un Maio coa axuda de todos. E nada mellor que cantarlle para que a festa sexa completa!!! Nesta ocasión eliximos O Maio de As Nogais (Lugo). É este un Maio humano, co que pedían o aguinaldo cantando de casa en casa e acompañando a parte cantada con paus, pandeiros, pandeiras ou castañolas. Ao rematar de percorrer as casas, facían unha merenda con todo o recibido, habitualmente castañas, noces, chourizos, etc. O prato principal adoitaba ser castañas cocidas con touciño.
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
Instrumentos musicais,
Maios,
música tradicional.
lunes, 12 de mayo de 2014
Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro
O autor homenaxeado este ano o 17 de maio foi o escritor guitiricense Xosé María Díaz Castro (1914-1990). O autor forma parte da chamada "escola mindoniense", xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño... Ao longo da súa vida mantivo un forte compromiso co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, Nimbos, que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.
E no título desa obra e nalgún dos seus poemas, así como na figura do poeta, inspirouse Paco Nogueiras para compoñer o seu último éxito musical: "Con Díaz Castro".
E no título desa obra e nalgún dos seus poemas, así como na figura do poeta, inspirouse Paco Nogueiras para compoñer o seu último éxito musical: "Con Díaz Castro".
lunes, 13 de mayo de 2013
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, un dos promotores do teatro profesional en Galicia, xénero co que estivo intimamente ligado: formou parte do Grupo Abrente; participou na fundación doutros; escribiu obras de teatro para rapaces e para adultos; dirixiu outras; actuou en obras de teatro e tamén en cine e televisión; etc.
E para homenaxear a todos os escritores e escritoras en lingua galega, chega aquí o novo éxito do noso amigo PACO NOGUEIRAS! E é que en galego podemos facer todo: ler, escoitar, escribir, falar, sentir, querer, perdoar, brincar...
sábado, 11 de mayo de 2013
A REGUEIFA
A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que manteñen unha disputa sobre un tema determinado.
A orixe deste canto popular atopámola na regueifa, que era un molete de pan co que antigamente se agasallaba aos convidados nas vodas. A diversión consistía en "cantar a regueifa" entre os convidados da parroquia e os que viñan de fóra. Comezaban estes últimos, que botaban unha copla (cuarteta) meténdose cos da parroquia, un dos cales lle respondía. Iniciábase así unha discusión que podía durar varias horas. Gañaba o que cantaba a última copla, que ademais era o encargado de repartir a regueifa.
Os temas das regueifas son variados, pero ao incluír humor e retranca, fai que sexan cantos moi divertidos para os oíntes.
Entre os recuperadores e divulgadores deste xénero tan antigo están PINTO D'HERBÓN e LUÍS CARUNCHO, que o próximo mércores día 15 escoitaremos en vivo e en directo no noso colexio, con motivo da Celebración do Día das Letras Galegas. Para que vos vaiades facendo unha idea do concerto, podedes ver aquí un vídeo cos seus protagonistas:
Tamén podedes velos e escoitalos nunha actuación nun Instituto premendo AQUÍ.
Como moitos de vós sinalastes durante estes días nas clases de música a súa similitude co rap, aquí tedes un vídeo no que podedes informarvos sobre a súa relación coas regueifas.
Agora xa podedes animarvos vós a crear as vosas propias coplas!!!
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
música tradicional
Suscribirse a:
Entradas (Atom)