Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de octubre de 2017

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Pois xa está aquí o Samaín, e no cole andamos recordando algunhas das cancións que máis nos gustan para esta data: "Corrre, corre, cabaciña", "Que medo!", "A danza dos esqueletos", etc.
Este curso prepararemos "Zombie Jamboree", tema de Rockapella, un grupo musical americano que canta a cappella e que nos leva, este curso no que investigaremos sobre o turismo, a un cemiterio en Nova Iorque:


Pero tamén nos chegou a última canción de Uxía Lambona e a Banda Molona: "O Samaín".

 

lunes, 15 de diciembre de 2014

MÚSICA DE MALÍ PARA CELEBRAR OS DEREITOS

O venres pasado celebramos no cole os Dereitos do Neno e os Dereitos Humanos, ademais de participar na Carreira "Save the Children", que este ano destina os cartos recadados a Malí. Foi por este motivo que eliximos dous temas ben fermosos deste país africano. O primeiro deles, unha nana titulada "Makun" na que a cantante é acompañada por un instrumento tradicional de África Occidental: a KORA. Este instrumento constrúese a partir dunha cabaza cortada pola metade, que se cobre con coiro. As 21 cordas, coma na guitarra española, están suxeitas ao mastro. O seu son lembra ao da arpa, aínda que dependendo da maneira que se toque tamén pode ser semellante ao da guitarra flamenca. O músico emprega o dedo polgar e o índice ou furabolos para pulsar as cordas. Ao intérprete de kora tradicional chámaselle "jali", que significa "historiador oral".
No seguinte vídeo podedes ver e escoitar a un coñecido intérprete de kora: Toumani Diabaté, que é de Malí.


E no seguinte, a canción "Makun". Aínda que está nun idioma moi diferente ao noso (bambara), seguro que entendes algunha palabra. Escoita con atención:

sábado, 22 de noviembre de 2014

SANTA CECILIA

Para celebrar o día da patroa dos músicos, aquí vai unha fermosa peza do grupo Fetén Fetén: Bolero para una tarde de septiembre, que nós podemos renomear Bolero para unha tarde de novembro!


lunes, 27 de octubre de 2014

SAMAÍN



Este ano tamén queremos celebrar esta festa cantando!!! Para a ocasión, aprendemos a canción "A bruxa Maruxa", do disco María Fumaça. Elixímola tamén pensando en unir este personaxe co mundo cinematográfico, aínda que este será un proxecto a medio-longo prazo... Mentras, podemos escoitala e vela clicando na imaxe da bruxa, nunha composición realizada no CEIP Cruceiro.


miércoles, 10 de septiembre de 2014

ARRANCAMOS O CURSO!!!!

Hoxe iniciamos o curso cunha canción moi especial!!! Titúlase "Sonreír" e a súa compositora e intérprete é MAGDALENA FLEITAS, unha música arxentina que nos comunica a través desta canción a importancia de sorrir, porque:
SONREÍR NO CUESTA NADA,
Y SONREÍR LO PUEDE TODO
Y VERÁS QUE LINDO ES
VIVIR DE ESTE MODO.
Esperamos que esta mensaxe siga presente durante os vindeiros meses, tanto no cole coma no resto dos ámbitos nos que nos relacionamos. E para cando estedes máis tristeiros/as, aquí vos queda o enlace (no debuxo inferior) para atopar de novo o sorriso.