miércoles, 30 de enero de 2013
A SAIA DA CAROLINA
O músico Alfonso Morán (contrabaixista da Real Filarmonía de Galicia) realizou un arranxo ben fermoso para este coñecido tema galego. Posiblemente sexa a banda sonora do noso Entroido 2013, así que ide afinando esas voces. A letra estará lista a próxima semana, cos "mandadiños" do Meco.
sábado, 26 de enero de 2013
VIAXAMOS A XAPÓN
O próximo luns 28 visítanos HARUNA TAKEBE, unha pianista natural dunha pequena illa do Xapón. Con motivo deste acontecemento, os nenos e nenas de 3º (que andamos a investigar moito sobre o continente asiático) aprendemos unha canción en xaponés para darlle a benvida. A letra é así:
OKINA KURI NO
KINO SHITA DE.
ANATA TO WATASHI.
NAKAYOKU ASOBIMASHOU.
E tamén escoitamos unha preciosa nana: EDO NO KOMORIUTA. Esta nana remóntase á época de Edo (entre os anos 1600 e 1868). Naquel tempo, contratábase unha moza de familia pobre para que se ocupara dos nenos. A letra da canción fala da viaxe que fai esa rapaciña para ver á súa propia familia, e os agasallos que lle trae á volta (un tambor e unha frauta).
O instrumento que acompaña esta versión é o KOTO, unha cítara de 13 cordas, de son comparable á arpa. O koto inspirou a moitos músicos dende o século VII. Para tocalo úsanse 3 "uñas" (tsume) feitas de bambú ou marfil que se colocan nos dedos polgar, índice e maior.
Etiquetas:
Culturas,
Instrumentos musicais,
música tradicional.,
Nanas,
Proxectos Víctor Sáenz
jueves, 17 de enero de 2013
HISTORIA DA MÚSICA
Aquí tedes un video que recolle algúns dos momentos máis importantes da Historia da Música.
lunes, 14 de enero de 2013
APERTAS QUE VOAN
Aquí tedes unha canción de Paco Nogueiras Nodar, un músico galego que compuxo este tema pensando na celebración do próximo 30 de xaneiro: o día da PAZ. A ver se a cantamos ben forte para que todos/as se enteren de que as cousas que nos diferencian non deberían ser impedimento para facer amigos e para quererse. Entre todos conseguiremos que as nosas apertas cheguen aos cinco continentes!!! Que voen!!!
Etiquetas:
Culturas,
Día da Paz,
Proxectos Víctor Sáenz
martes, 11 de diciembre de 2012
CANTOS E XOGOS DE GARGANTA
No 1º ciclo viaxamos moi lonxe, moi lonxe..., e chegamos ao Polo Norte. Alí viven os INUIT, que teñen un canto moi característico e moi diferente ao que nós estamos acostumados a escoitar. Coñécese como xogos ou cantos de garganta, e o certo é que é espectacular o control que amosan do aparato fonador para que soen desa maneira.
Mirade e ESCOITADE:
Mirade e ESCOITADE:
DHOOM TAANA
As escenas musicais son unha das características máis representativas da industria cinematográfica coñecida popularmente como "Bollywood" (palabra resultante da mestura entre Bombay -a cidade máis poboada da India- e Hollywood -o centro da industria do cine americano-).
A música é moi pegadiza e invita a bailar!!!
ANI KUNI
Os nenos e nenas de Infantil aprenderon esta coñecida canción dos indios do Canadá. Con ela, as tribos acompañaban a DANZA DO LUME.
A letra di:
ANI KUNI UA UA NI
WA WA WA NIKANA SAENA
UA UA NI PIT SI NI.
A través desas palabras están dicindo que nas noites de lúa ilumínanse a selva, os prados... E os vellos lobos da tribo cantan ao espírito do lume.
Aquí vos deixamos dous enlaces para que a ensaiedes moito:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)