"Dancing Beethoven" segue de cerca a preparación da Novena Sinfonía de Beethoven, presentada en Tokio polo Ballet Béjart e o Ballet de Tokio acompañados da Orquestra Filharmónica de Israel, dirixida por Zubin Metha. Decenas de artistas de todos os países traballan na construción desta catedral efímera, feita a base de suor e de soños.
A idea de coreografiar a grande obra de Beethoven tívoa o coreógrafo Maurice Béjart en 1964, e naquel momento moitas persoas pensaron que esa idea era unha barbaridade. Sen embargo, o resultado foi de tal beleza e respecto pola partitura que hoxe está considerada unha das coreografías máis importantes na carreira deste recoñecido bailarín e coreógrafo belga. 50 anos despois daquel acontecemento, xorde "Dancing Beethoven", documental no que a cineasta madrileña Arantxa Aguirre retrata o proceso de creación de tan grande espectáculo.
Non vos parece unha boa maneira de celebrar o Día Internacional da Danza?
No hay comentarios:
Publicar un comentario