O vindeiro venres imos de excursión a Santiago de Compostela, para asistir ao primeiro concerto didáctico deste curso: "O Crebanoces", do compositor ruso Piotr Ílich CHAIKOVSKI (1840-1893).
Chaikovski compuxo esta obra por encargo dun teatro de San Petersburgo, quen lle solicitou escribir un ballet máxico, adaptado do conto de E.T.A. Hoffmann "O crebanoces e o rei dos ratos". Aínda que ao principio non lle atraía moito a idea de semellante composición, finalmente entregouna concluída en abril de 1892, arredor dun ano despois de que lle fora encargada. Antes de rematala, xa que o ballet ten unha duración bastante longa, extraeu oito números do mesmo para facer unha suite orquestral, que estrenou el mesmo.
Esta obra, a pesar do tempo transcurrido e das cambiantes modas, segue seducindo irresistiblemente a calquera audiencia. E seguro que a todas as persoas que viaxemos este venres ao Auditorio de Galicia tamén!!!
Representación no Teatro Mariinski en 1892 |
DANZA DA FADA DO AZUCRE:
DANZA DOS MIRLITÓNS:
DANZA RUSA:
DANZA CHINA:
VALS DAS FLORES:
Nesta obra, ademais, non podemos esquecer a presencia dunha sonoridade moi fermosa creada por un instrumento que ata ese momento pasaba practicamente desapercibido na Orquestra Sinfónica: a celesta.
Trátase dun instrumento de percusión cunha apariencia similar á do piano vertical, e que cando Chaikovski o emprega acababa de ser creado en París. O seu mecanismo é similar ao do piano, pero no piano cada vez que tocamos unha tecla activamos uns martelos que golpean unha corda, mentras que na celesta os martelos golpean láminas metálicas colocadas sobre os resoadores de madeira.
Celesta |
Interior dunha celesta |
Pero nada mellor que escoitala para desfrutar do seu son:
No hay comentarios:
Publicar un comentario