Bos días, artistas!!!
Como estades? Mentras rematamos de recompilar todos os vídeos cos vosos marabillosos cantagalos, lánzovos aquí a proposta para esta semana. Atención!!!
Xa que estamos no mes de maio, onte celebramos o "Día das Letras Galegas", aínda que nesta ocasión fixémolo dunha maneira moi diferente. No cole sempre uniamos esta celebración á dos Maios, que tanto nos gustan aínda que non son moi coñecidos no noso concello. Sen embargo, é fermoso celebrar a chegada da primavera, e nesta ocasión traigo un agasallo musical para vós, xa que se trata dunha coñecida canción que me gustaría animarvos a aprender: "Aí vén o maio". E ademais, rétovos a adiviñar quen nos canta ese tema tan fermoso. Seguro que acertades!!!
Cando a escoitedes, podedes deixarvos levar pola súa letra, a luz da primavera, os cambios que se produciron na paisaxe durante estes meses, e podedes facer unha ilustración, ou un collage. Tamén podedes animarvos a cantala e gravarvos!!! O resto xa sabedes: enviar o resultado para facer unha montaxe e compartila con todas vós!!! Tedes de prazo ata o domingo, 24 de maio. A partir dese día, desvelarei o nome do artista que nos agasalla con esta gravación...
Unha aperta enorme!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario